Consellos para circular na masa crítica

A Masa Crítica non é unha marcha ciclista organizada, non se corta o tráfico nen hai escolta da policía. Hai que lembrar en todo momento que non interrompimos o tráfico, senón que somos parte del. Por iso é moi importante respetar en todo momento as normas de circulación e evitar crear molestias innecesarias a automobilistas e peóns.

  • Non debemos romper o grupo, por iso teremos en conta que a Masa Crítica é un grupo de ciclistas e como tal (así ven nas normas) funcionamos coma un único veículo; se se pecha o semáforo cando estamos pasando, como único veículo que somos se a cabeza pasa en verde o grupo debe continuar avanzando.

  • Cando un semáforo está en ámbar e estás na cabeza do pelotón, é millor parar, os semáforos serven como modo de reagrupamento do grupo.

  • Se estás no medio do grupo e o semáforo se pon en vermello non pares, continúa a marcha, iso sí con atención e certa precaución.

  • Nunca cedas o paso a un coche para que se incorpore dentro da masa. Ter un veículo dentro do grupo é moi perigoso e se isto sucede hai que procurar que esta situación desapareza o antes posible.

  • Cando haxa veículos esperando nun semáforo vermello espera sempre detrás do último; non intentes colarte entre os coches porque neste caso seriamos nós mesmos os que meteriamos coches no medio da masa cando o semáforo se poña en verde.

  • No caso de existir máis dun carril o deixaremos libre para que circulen o resto dos veículos, sempre que isto sexa seguro para nós. A nosa intención non é estorbar deliberadamente o tráfico.

  • Se nalgún momento circulas ou te paras na beirarrúa ao nunha zona peonil lembra que os peóns teñen prioridade. Non bloquees o paso e circula moi a modo.

  • Se ves á Masa Crítica con nenos, lembra que tí es o único responsable da súa seguridade. Asegúrate que en todo momento circulan correctamente, que cumplen todas as normas e que prestan atención ao que fan.

 
Consellos para circular en bici
1. A tua seguridade depende de tí. Con precaución e atención evitarás situacións perigosas.
Sé predecible. Conduce en liña recta coas mans no manillar. Sinala coas mans cando vaias xirar
2. Prepara o itinerario que vas seguir evitando os percorridos máis perigosos.
3. Revisa a tua bici para maior seguridade: freos, dirección, rodas e luces.
Se vas facer un percorrido longo leva: bomba de inflar, parches, cámara, cable de freo e as ferramientas básicas. Todo elo pode ser necesario .
Leva tamén algún alimento enerxético para previ-la "pájara".
4. Cumple as normas de circulación, sobre todo as que impliquen un risco para a tua  seguridade: STOP, ceda o paso, semáforos, etc.
  5. Cando circules por zonas peonís faino a una velocidade similar á dos peóns, tendo sempre en conta a prioridade do peón.
Igualmente, ao circular pola estrada, e cando haxa peóns pola acera, préstalles atención ante unha posible irrupción na calzada.
6. Circula polo centro do teu carril, pois tes todo o dereito. Se vas moi  pegado á dereita os automovilistas tenderán a ignorarte. 
A tua bicicleta é un vehículo como outro calquiera, cos mesmos dereitos e obligacións que os coches.
7. Faite visible. Cando circules de noite é fundamental facerse ver por todos os medios posibles: luces, elementos reflectantes tanto na bici como no corpo, etc.

8. Pon especial coidado ao circular polo teu carril cando pases á altura dunha desviación á dereita. Moitos conductores non sinalizan a maniobra de xiro á dereita, cortándoche o paso el paso e creando situacións perigosas.
9. Non te fíes das manobras dos coches ata o último momento eten os freos a punto, sobre todo cando circules á altura deles.
Ten en conta que, desgraciadamente, malia que teñas a razón ante un accidente cun coche a bicicleta leva sempre as de perder.
10. Non circules demasiado pegado aos coches aparcados. Os coches que circulan á túa esquerda no prevén se vas precisar espazo porque un coche que esté parado á dereita abre a porta.

11. Nas rotondas, comportate como outro vehículo máis. Se entras con medo os automovilistas botarante á dereita. Salvo que vaias usar a primeira saida á dereita, non renuncies aos carrís centrais. Malia que vaias máis lento, os coches terán que adaptar a sua velocidade á tua.

12. Pon máxima precaución en momentos de intensidade de tráfico e non te quedes entre 2 carrís. Non importa que estés nun carril á esquerda, incluso con máis motivo neses casos, permanece no centro do carril. En algunhas ocasións será preferible agardar uns metros para realizar a manobra.

Grazas á Plataforma carril Bici de Córdoba polo texto e imaxes orixinais

 
Escolle a tua bici

Hai diferentes tipos de bicicletas, cada unha deseñada para una funcionalidade diferente. Aínda que podes utilizar tranquilamente calquera tipo de bici para circular pola cidade, sempre que estea ben equipada, busca o tipo que mellor se adapte ás tuas necesidades.


bici_etiquetas

 


Ler máis...
 


Valid XHTML & CSS | Template Design ah-68 | Copyright © 2009 by Firma