Por Alejandro hace 2 años
Bici paseos AGDP 2019
DOMINGO 3 de Febreiro de 2019.
11:00, Porta do Sol, Vigo.
Itinerario aproximado: Porta do Sol-Coia-Samil e volta por Tomás Alonso.
Parada Vermú ao finalizar a ruta.
En 2019 continuamos collendo forza cos BICIPASEOS de A Golpe de Pedal, unhas quedadas libres para andar en bici por Vigo, unha cita mensual para desfrutar dun tranquilo paseo en bicicleta en boa compañía, confraternizar e reivindicar a bici como o complemento perfecto do "motor humano" para ter unha vida saúdable para as persoas, a cidade e o planeta.
A proposta é a seguinte:
- Un paseo en bicicleta cada primeiro domingo de mes (se xa hai algunha outra actividade prevista en bicicleta no entorno nos unimos a ela).
- Inicio e final nalgún punto da cidade de Vigo.
- Vermú voluntario despois do bicipaseo para decidir a ruta do mes seguinte.
- Autoorganizado polos propios socios de A Golpe de Pedal, que decidirán ao final de cada bicipaseo onde desexan realizalo para o mes seguinte.
- A Golpe de Pedal facilita o Seguro de Responsabilidade Civil para todas as socias e encargarase de difundir a través de correo electrónico, web e redes sociais a convocatoria de cada mes.
- As personas que non sexan socias poden unirse aos bicipaseos aboando 2€ para o seguro.
- O paseo realízase circulando en bici de maneira normal, ben por calzada compartida cos vehículos a motor ou ben por sendas ciclables compartidas con peatóns, polo que é importante circular correctamente e con precaución.
- Apto para todos os públicos, pero os menores deberán estar baixo a tutela dunha persoa adulta.
- Cada participante debe ser responsable do seu correcto uso da bicicleta e de velar pola sua propia seguridade e a dos demáis usuarios das vía pola que se circule.
Esperamos que vos guste a proposta e vos animamos a todos a participar.
A Golpe de Pedal 2019.