Logo Agolpe de pedal

Logo Agolpe de pedal Vive la bici!

Por Alejandro hace 3 meses, 1 semana

*Artigo escrito por A Golpe de Pedal para a revista anual do clube ciclista Traviesas, edición 2018.

Cando circulamos nun vehículo a motor tomamos unha perspectiva moi específica do noso entorno. O que nos interesa é chegar canto antes ao noso punto de destino e para iso queremos que se poñan todos os medios ao noso favor para acadar dito obxectivo. 


E pensamos: “nos coches de hoxe 50Km/h é moi pouco, son moito máis seguros podería ir máis rápido (de feito imos máis rápido)”, “se houbera unha estrada máis ancha chegaría antes sen atascos”, “ e ese que fai, que (pouca) paciencia hai que ter”, “ e tanto radar para recaudar”... . E é certo, a sensación dentro dun coche de hoxe en día é de maior seguridade e de que todo ao noso redor vai demasiado lento,  e entón e cando experimentamos toda a nosa frustración e exasperación da nosa axetreada vida. 

Pero a perspectiva dende fora é totalmente diferente. Un peón morrerá en máis do 50% dos casos dun atropelo a 50Km/h e igualmente un ciclista embestido por un vehículo a motor. É pura lei física, debido a inercia do movemento dun corpo de 1000 kg de peso golpeando contra outro de 80 kg. As normas, límites de velocidade, radares, etc non son nin deben ser pensados para unha persoa que circula soa no seu coche do sécuo XXI por unha estrada valeira, senón para todos os condicionantes dunha vía: a seguridade de todos os seus posibles usuarios, condicións meteorolóxicas, densidade de tráfico, etc. 

O primeiro paso que debemos dar para ser uns bos condutores de vehículos a motor é decatarnos que hai elementos moito máis vulverables ca nós nas vías polas que circulamos, que o propio medio ambiente é un importante elemento de vulnerabilidade sobre o que ocasionamos un grande impacto. 
A partir de ahí, podemos empezar a valorar a racionalidade e proporcionalidade da nosa forma de mobilidade cotiá con respecto ao que nos rodea, dende a perspectiva do que está fora, do peón, o ciclista, o medio ambiente.  ¿É realmente proporcional o beneficio que me aporta a miña forma de mobilidade co impacto que xenera ao meu arredor, nun peón, nun ciclista, no medio ambiente? ¿realmente a miña presa é máis importante que a seguridade dun peón co que me cruzo? ¿podo cambiar a miña actitude na conducción? ¿podo probar outra forma de desplazarme, teño alternativas? ¿podo probalas ou reclamalas?. 

En cidade está amplamente probado que a forma máis rápida de moverse en distancias de ata 800m é ir a pé, ata 7-8 Km a bicicleta  e a partir de ahí teño a posibilidade de escoller entre o transporte público ou o meu automóbil. Está tamén comprobado que os nenos que van a escola a pé, en bici ou en tranpsorte público chegan máis despertos, activos e listos para o seu dia a dia na escola.


Antigamente se facían moitos máis desplazamentos a pé, pero a aparición do vehículo provocou que se fosen ampliando as calzadas para o seu paso e reducindo as beirarrúas en ocasións ata dimensións ridículas para poder pasar unha persoa, ou directamente deixaron de existir. Sen darnos conta o coche acaparou todo o espazo impedindo que ata o desplazamento máis pequeno e sinxelo fose seguro e entón comezamos a ir en coche a todos lados, ata a volta da esquina, para evitar que outro coche me atropelase se loco de min intentaba ir a pé. ¿é racional ter que coller o coche para desplazarse 500 metros?
Para utilizar outras alternativas de desplazamento tamén necesito que me faciliten o seu uso. 
A creación de beirarrúas máis amplas, zonas completamente peonís, itinerarios máis directos para os peóns  e dificultar o acceso en coche son as medidas que fan que as persoas decidamos ir a pé e non en vehículo ao mercado, a escola ou a pasear.

A creación dunha rede de carrís bici para desplazarme sen medo a ser atropelado é necesaria para facilitar que os cidadáns optemos por esta forma de mobilidade dentro da cidade, moito máis cómoda, práctica e saudable. 

Dende A Golpe de Pedal cremos que Vigo pouco a pouco vai camiñando e pedalando na boa dirección, coa progresiva humanización e recuperación de espacio na rúa e o inminente inicio da creación do primeiro carril bici para a mobilidade cotiá, que debe dar paso a unha rede máis ampla para a mobilidade en bicicleta, coa Vía Verde, unha conexión directa cos lugares de maior movemento de persoas como pode ser o estadio de Balaídos, a senda costeira, etc. 

Pero é importante que o primeiro paso o deamos tamén todos os cidadáns, que traballemos a nosa empatía cos demáis usuarios da vía, que aprendamos a cambiar a nosa perspectiva de mobilidade, que a vexamos dende o punto de vista da persoa que está na rúa, camiñando, montando en bicicleta. Debemos darnos unha oportunidade de cambio, de que nos tamén sexamos, cada vez máis, unha desas persoas que se move a pé, en bici ou en transporte público. Que pensemos na súa, na nosa seguridade cando utilizamos estas formas de desplazamento e nos podemos ver en perigo polos vehículos que circulan ao noso redor.  Que comprendamos que é lóxico que o vehículo ceda parte da gran cantidade de espazo que ocupa de volta para os peóns e as bicicletas, para que sexan unha alternativa útil e segura, para min, para nós, para os nosos fillos e maiores,  neses traxectos diarios que facemos na nosa cidade.

Asociación de amigos da bicicleta (e dos peóns) A Golpe de Pedal.

Compartir en facebook Comentarios