Logo Agolpe de pedal

Logo Agolpe de pedal Vive la bici!

Por Alejandro hace 11 meses, 3 semanas

9 DE OUTUBRO: Manifestación - marchas pola mobilidade sostible.

marcha mobilidadeMarcha ciclista Pontevedra - Vigo: 

Pza España, Pontevedra 9:30 a 13:00 Porta do Sol, Vigo. Organiza Asociación Pedaladas. Necesaria inscripción

Marcha peonil Vilaboa - Arcade:

Centro social de Figueirido 9:30 - Arcade 10:30. Asistencia libre. Organiza Asociación Salinas Ulló

Marcha peonil cicista Chapela - Vigo:

Estación de Tren de Chapela, 11:30 saída a pé, 12:00 saída en bici. Parada en Estación Urzaiz 12:30. Finalización en Porta do Sol 13:00. Asistencia libre. Organiza AGDP y A.VV. Chapela.


Cando falamos de mobilidade nos referimos a forma na que as persoas se desprazan dentro do seu entorno, especialmente no seu entorno próximo, no que se realizan a maior parte dos desprazamentos diarios.

Ata apenas hai 1 século os principais medios de mobilidade dentro do noso entorno baseábanse principalmente nos desprazamentos a pé, en carros tirados por animais, no tren como un dos primeiros medios de transporte colectivo de masas e máis en bicicleta. Así no lo recordan hoxe todavía as vías chamadas “camiños reais”, hoxe pequenos camiños locais, as veces soterrados baixo as novas infraestructuras de carreteras e que foran as antigas vías principais de comunicación entre Pontevedra, Redondela, Vigo, Cangas, Moaña ... . Igualmente as diversas estacións de tren xa abandonadas que antigamente eran un gran punto de concentración de actividade, ou o transporte en barco pola ría de Vigo entre Vilaboa, Moaña, Cangas e Vigo, xa inexistente en Vilaboa dende hai anos.

Trala expansión da fabricación de vehículos a motor de combustión, a partir dos anos 60 o chamado progreso enfocouse cara a promoción do transporte en vehículo privado ou particular que comezou a demandar grandes inversións en infraestructuras viarias de comunicación e necesidades de espazo. Se ben se produciu unha mellora das comunicacións a longa distancia de repente comezan a aparecer, sobre todo en entornos urbanos e os seus arredores diversos problemas asociados a este modelo de mobilidade como son: a gran demanda de espazo dos vehículos particulares nas rúas, a saturación de vías de comunicación en zonas de grandes concentracións de poboación, a contaminación urbana polos fumes xerados polos vehículos de combustión, a perda de espazo para os peóns e decadencia dos medios de transporte tradicionais, máis sustentables, eficientes e con menores necesidades de espazo.

Así é que actualmente hai prevista unha inversión en infraestructuras para o vehículo a combustión no noso entorno de 143 millóns de € para o desdobramento de Rande, 40 millóns de € para o desdobramento dos 2 primeiros tramos da vía rápida do Morrazo ou máis de 150 millóns de € para a execución da autovía A57 para o momento de vehículos entre Vilagarcía e Vigo de maneira paralela a AP9. E nin que decir ten a inversión realizada no tren de alta velocidade, para comunicar as principais cidades de Galicia. Sen embargo estas grandes infraestructuras son pouco válidas para a mobilidade local, o que van promover é unha todavía maior acumulación de vehículos e problemas engadidos de espazo, seguridade e contaminación nos núcleos urbáns de destino.

En cambio non se constatan apenas inversións na mellora das comunicacións locais, entre parroquias e municipios, ao contrario, en moitos casos a ampliación de estradas para vehículos provoca unha merma nestas propias vías de comunicación. Poñemos neste caso o exemplo do desdobramento do Corredor do Morrazo, que xa na súa construción provocou unha merma na comunicación entre os concellos de Vilaboa e Moaña ao non contemplar unha senda peonil-ciclista paralela á rotonda de acceso ao Corredor, AP9 e N554, unha zona de moi alta densidade de tráfico. Outro exemplo pode ser o abandono da estación de tren de Chapela, provocando a perda dunha vía de comunicación local entre dous entornos urbanos estreitamente relacionados, ou a perda continua de liñas de transporte colectivo.

tranvia-bici-peonÉ por isto que dende a asociación de usuarios da bicicleta A Golpe de Pedal e en colaboración coas asociacións de usuarios de bicicleta Pedaladas e Arousa en Bici, en representación das áreas de Arousa, Pontevedra e Vigo queremos promover unha maior aposta e implicación das institucións locais, provincial, autonómica e estatal por un modelo de mobilidade máis sostible, no que se de preferencia ao PEON, A BICICLETA E O TRANSPORTE PÚBLICO como solución aos problemas actuais dun modelo de mobilidade baseado case íntegramente no transporte particular.

Para iso o próximo Domingo 9 de Outubro faremos unha marcha e concentracións pola mobilidade sostible entre as cidades de Pontevedra e Vigo, con paso polos concellos de Vilaboa, Soutomaior, e Redondela, para demandar o fomento dunha mobilidade sostible por medio das seguintes vías:

- Creación dunha senda ciclista e peonil entre Vilagarcía, Pontevedra e Vigo, vertebradora da mobilidade entre concellos e parroquias e unha oportunidade a súa vez para a posta en valor da riqueza ambiental e patrimonial e o aproveitamento como actividade económica turística para o desenvolvemento rural.

- Fomento do transporte público e intermodal, co reaproveitamenteo da vía do tren de Chapela a Vigo para a creación dunha senda ciclista, peonil e de tren de próximidade ou tranvía.

- Creación de aparcamentos periféricos gratuítos na cidade de Vigo para os vehículos particulares e fomento da mobilidade peonil e ciclista na cidade de Vigo co desenvolvemento de infraestructuras para as bicicletas, calmado de tráfico e uso compartido e novas zonas peonís nas rúas da cidade.

Compartir en facebook Comentarios