Logo Agolpe de pedal

Logo Agolpe de pedal Vive la bici!

Por Alejandro hace 4 meses

Seguro que a moitos vos soa, a outros quizais non tanto, por iso aquí un recordatorio.

A “MASA CRITICA” é o que cada ciclousuario pode aportar para a normalización da bicicleta como medio de transporte sostible. Sí, porque a bicicleta é un vehículo e como tal ten o mesmo dereito a circular pola calzada que os vehículos a motor, e tamén as mesmas obrigas por suposto.

Pero ademais a bicicleta pode aportar unha maior seguridade viaria, mellora da calidade ambiental, diminución do ruido da cidade, mellora da condición física e en definitiva promover unha mobilidade máis respectuosa e pausada, menos estresante e agresiva que á que nos habitúa o vehículo a motor.

A masa crítica acádase cando hai un volume suficiente de ciclousuarios que os fai visibles e fortes sendo entón vistos como algo normal e respectados polos demais vehículos usuarios da calzada. Iso sí, é moi importante que cada ciclousuario sexa en sí mesmo un exemplo de civismo e respecto polos demais usuarios da vía cumprindo coas normas de circulación.

Coa fin de reintroducir e normalizar a bicicleta como medio de mobilidade urbana, en moitas cidades do mundo os ciclousuarios xúntanse de xeito espontáneo unha vez ao mes para acadar a “masa crítica” e celebrar percorrendo a cidade de xeito seguro o uso da bicicleta como medio de transporte para o dia a dia.

No noso entorno temos dúas masas críticas principais que se celebran cada mes e da que calquera ciclousuario pode ser partícipe axudando a construir a masa:

A Masa Crítica de Vigo orixínase tódolos últimos Xoves do mes as 20:00 (21:00 en verán) en Praza América, diante do instituto Santa Irene. https://www.facebook.com/groups/masacriticavigo/

A Masa Crítica de Pontevedra orixínase tódolos últimos Xoves do mes as 20:00 (21:00 en verán) na Praza da Peregrina de Pontevedra. https://www.facebook.com/groups/232359070119497/

Así que xa sabes, se queres facer masa crítica “ Usa a bicicleta tódolos días e celébrao unha vez ao mes”, en Vigo, en Pontevedra ou no teu pobo.

 

 

Compartir en facebook Comentarios