Logo Agolpe de pedal

Logo Agolpe de pedal Vive la bici!

Por Alejandro hace 1 año, 2 meses

sem 16A Semana Europea da Mobilidade (SEM) é unha iniciativa da Comisión Europea que se celebra todos os anos, durante 7 días, entre o 16 e o 22 de Setembro, sendo este último día o “Día Europeo Sen Coches”.

O fin destas xornadas é a promoción dunha forma de mobilidade urbana máis eficiente e sustentable, que permita corrixir os crecentes problemas de contaminación urbana, atascos, estrés, ocupación do espazo público e perigo para a integridade das persoas que provocou nas cidades a proliferación do uso do vehículo privado para os desprazamentos cotiás.

Durante as últimas décadas do século XX a posesión dun vehículo privado foi símbolo de boa posición social e progreso dun país e o deseño urbano foi xirando en torno a este factor. Isto provocou, sen decatarnos, unha perda do espazo público das cidades para o desfrute das persoas en favor da ocupación de espazo polos vehículos e a perda de relacións sociais urbanas.

Chegado o século XXI comezan a ser notorios os importantes problemas de saturación, contaminación, inseguridade urbán e sedentarismo que provoca este uso masivo do vehículo privado e que afecta de maneira directa á saúde e benestar das persoas.

Pasa entón que nas cidades máis desenvoltas e socialmente comprometidas comézase a pensar na necesidade de reverter esta situación e volver recuperar ese espazo perdido, para que poidan volver desfrutalo os nenos e os cidadáns en xeral.

espazo ocupadoA estratexia a seguir é máis simple do que poida parecer, debemos volver atrás e recuperar os medios de transporte tradicionais, os desprazamentos A PÉ e en BICICLETA en primeiro lugar, principais formas de desprazamento antes do presenza do vehículo privado, saudables para as persoas e o medio ambiente e moito máis eficientes para os desprazamentos urbanos curtos. O seguinte escalafón é o TRANSPORTE PÚBLICO para distancias algo máis longas, que debe ser combinado axeitadamente cos peóns e os ciclousuarios. O vehículo privado deberá quedar logo para os desprazamentos máis longos e ocasionais.

Esta non nova, senón recuperada forma de mobilidade urbán representa ademáis un importante aforro económico para o entorno familiar, xa que se non precisamos do coche dentro da cidade imos aforrar uns custos considerables que supón o seu uso diario, ou ata incluso poderiamos valorar o non ter coche en propiedade senón simplemente alugalo de maneira ocasional, sendo neste caso un aforro máis que importante.

Tamén é unha oportunidade para o sector empresarial, xa que poden desenvolverse, como así está sucedendo, novas vías de negocio en torno a nova mobilidade (fomento do aluguer sobre a compra de vehículos, economía vencellada ao auxe da bicicleta, máis contacto dos cidadáns de a pé cos pequenos comercios locais, etc).

Así é como chegamos a proposta da Semana Europea da Mobilidade 2016: “Smart mobility. Strong economy”, isto é, unha mobilidade intelixente unha economía máis forte. O Peon, a Bici e o Transporte Público, a economía local, a recuperación do espazo, a eficiencia e aforro enerxético, a mellor xestión do tempo, o exercicio físico diario, a saúde física e a ambiental, a socialización, a seguridade cidadá, a cidade para os cidadáns.

Calquera cidade que o desexe se pode unir á SEM 2016, so fai falla vontade e a realización de actividades durante estes días que promovan unha mobilidade diferente, na que sexa a persoa a que estea novamente no centro de atención.

Aquí vos deixamos o enlace a xornada de Vigo para a SEM 2016, vos esperamos este Xoves 22 de Setembro, día sen coches, na rúa Principe con charlas, actividades e a posibilidade de que expresedes a vosa opinión.

http://hoxe.vigo.org/actualidade/axenda_vigo_evento.php?id=2030&lang=gal

Móvete con nós, sen coche, A Golpe de Pedal.

Compartir en facebook Comentarios