¿QUÉ É "A GOLPE DE PEDAL"?

"A Golpe de Pedal" é unha Asociación de usuari@s da bicicleta, de carácter non competitivo, que xorde ante a dificultade deimaxe cedida por massa critica Porto disfrutar da bicicleta de xeito cotián na nosa cidade.

Por iso un grupo de amigos de Vigo e arredores , todos usuarios da bicicleta, constitúen a asociación no verán de 2002.

Ante a aceptación amosada por diversos colectivos sociais pola creación de "A Golpe de Pedal", inscribímonos como integrantes da Cordinadora Estatal por la Defensa de la Bicicleta CONBICI.

Deste xeito participamos nas reunións anuais que organiza CONBICI e expoñemos as nosas posturas e ideas ante outros colectivos, co fin de unir esforzos e cambiar impresións

Así, "A Golpe de Pedal" ten unha estructura aberta que inclúe a todos os usuari@s da bicicleta, independentemente da disciplina que practiquen (cicloturismo, carretera, MTB, free-style, BMX...)

¿QUÉ PRETENDEMOS?

"A Golpe de Pedal" ten os seguintes obxectivos básicos:

- Seguindo o concepto de mobilidade sostible, potenciar o uso da bicicleta no tempo de ocio e tamén como medio de transporte urbán complementario a outros existentes.
- Creación dunha rede de carrís para bicicleta e outras infraestruturas que permitan utilizar a bicicleta de xeito máis seguro
- Promover o coñecimento e aceptación social da bicicleta.
- Defender os dereitos das persoas que utilizan a bicicleta como medio de transporte ou de ocio.
- Integrarse como asociación a nivel de Galicia, e tamén estatal e europeo.
- Colaborar con entidades e a Administración para a creación de infraestruturas tales como carrís bici, aparcadoiros para bicis, etc.

 
Valid XHTML & CSS | Template Design ah-68 | Copyright © 2009 by Firma