|
O Eixo Atlántico apoia a ruta EuroVelo |
|
Tras unha xuntanza con representantes da nosa asociación, o Eixo Atlántico ven de enviar á European Cyclists' Federation unha carta na que manifesta o seu apoio á creación dunha variante da Ruta EuroVelo 1 entre Viveiro e Vilanova de Gaia. Nunha próxima xuntanza con representantes dos concellos membros tratarase de acadar un acordo para que os concellos da ruta proposta se impliquen activamente no acondicionamento da devandita ruta
|